Dec
29
2008
--

50 ANOS DE ELECTRICIDADE

Por casualidade lendo a web do Faro atopei unha sección de novas antigas, tipo efemérides de hai cincuenta ou cen anos. E unha das desta semana era esta:


Hai cincuenta anos que algunhas parróquias do concello contan con elecrticidade. Igual hai a quen lle parece unha barbaridade de tempo, mais a min non tanto. E é unha mostra máis do atraso no que vivimos moitos galegos. Se a electricidade chegou hai cincuenta anos, o teléfono chegou hai quince (as liñas TRAC, que ainda non o hai de cabo en moitos sítios) e a internet… ainda está por chegar. É a história da nosa vida, tarde mal e arrastro.

Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: , ,
Out
17
2008
2

TELEFÓNICA: UNHA NOVA TENTATIVA (e 2)

Desde o 17 de setembro agardei máis de dúas semanas a que aparecese o técnico encargado de mirar o tema do enganche. Unha semana despois, o dia 9 de Outubro fiquei coa liña de ADSL conectada. Polo visto tiven sorte por várias razóns, que se resumen en:

  • Os de telefónica equivocaron-se ao coller o enderezo (eu dei-lle-lo perfectamente, que sei onde vivo), por iso mandaron ao técnico, senón ian mandar merda.
  • Na caixa correspondente (caixa A) non habia pares dispoñíbeis (un par é un punto de conexión para unha liña) dos quince existentes. Máis arriba habia outra caixa con 25 pares (caixa B), da que saian os quince pares da caixa A.
  • O técnico de telefónica (de montelnor, máis concretamente) cambiou unha liña das existentes da caixa A á caixa B, deixando libre unha da caixa A, que foi a que me tocou a min. Desde aquí debo agradecer-lle a este home que buscase a solución, xa que se fose outro non habia mover un dedo.
  • O técnico de telefónica estaba a substituir a outro que estaba de baixa ou vacacións, non lembro. O titular da zona xa pasou de min noutras ocasións.

Pois iso, xa teño teléfono. Dá gusto ver o ben que traballan algunhas empresas.

Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: ,
Set
25
2008
2

TELEFÓNICA: UNHA NOVA TENTATIVA (1)

Hai xa un par de anos, chamei a telefónica para que me puxeran unha liña de teléfono coa que acceder a internet. Cando viñeron non podia ser, dado que desde o poste que habia do outro lado da pista non se podia tirar cabo para a casa. Primeiro intento fallido.
Un ano despois voltei tenta-lo, e puxeron un poste do meu lado da pista, mais eu persoalmente tiven que tirar cabo desde o poste até a casa, poñendo o correspondente tubo de protección. Unha vez feito todo o traballo (e entre que chamas, ven un técnico, mira, decide, chama aos do poste, poñen o poste, etc pasan vários meses) tampouco podia ser. Faltaba unha caixa (?).
Seis meses despois chaman para dicir que se quero me poñen un TRAC. Nego-me.
O pasado 17 de setembro comezo a terceira tentativa. Desta vez xa contrato directamente unha ADSL con telefónica, con permanenza de dous anos, para ver se así lles dá máis por poñelo. Xa está o poste colocado e cableado, porque así quedou da última vez. Dixeron que antes de dez dias pasaban. Van oito.
Proximamente máis.

Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: ,

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes