Mai
08
2007
--

Municipais07: OBRAS E GRACIA

O de Campos (Chito) ten gracia. Antes cando chegaban as eleccións (xa foran autonómicas, xerais ou municipais) nos concellos poñíase un punto de luz a fulano ou un contedor en tal aldea. Pero este home non, vai máis alá. Resulta que no Souto de Vea levan meses queixándose dunhas obras que ben parecían as do escorial, dado que comezaron alá por xaneiro do ano pasado. E o señor andivo xestionando na diputación que llas remataran, mentres poñía excusas peregrinas para xustificar o retraso. Fallo pola súa parte, o único que precisaban os veciños era unha convocatoria de eleccións. Logo de un ano, tres meses e vinteseis días, como se dunha condea se tratase, o señor Don Chito anuncia o remate das obras dunha beirarúa como todo un logro, como se fose normal tardar ano e pico en poñer unhas baldosas. E xusto antes das eleccións. Sen ruborizarse. Persoalmente agardo que as rematen antes do día 27, porque senón os veciños do souto e arredores terán que agardar ás xerais para velas rematadas. E aínda queda outro ano. E tamén agardo que os veciños non se esquezan en quince días do estado do lugar no último ano.
Da peonalización de Serafín Pazo, que queda en medio metro máis de acera diante do cine, ou dos últimos asfaltados , ou do arranxo dos parques infantís xa non digo nada. Para que.

Subscrición
Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: ,
Mai
02
2007
9

Municipais07: @S RESENTID@S

Somos os que ninguén chama, aqueles que todos os partidos ignoran, os que botamos semanas agardando por esa chamada que nunca chegou, os que pensabamos que tiñamos tantas cualidades como calquera, os que criamos ter ideas por/para A Estrada.

Somos os resentidos.

Somos as que ninguén chama, aquelas que estabamos seguras de que non rompiamos as fotos, as que serviamos para darlle paridade as listaxes, as que ata tíñamos estudos. As que non temos intereses particulares.

Somos as resentidas.

Porque ningún partido andou atrás nosa para ir de 4 na súa lista (nin sequera o noso).

Porque tamén queremos chupar do bote.

Porque tamén queremos ter un local céntrico e de deseño.

Porque ningún partido nos pediu ir no número 10 na súa lista (nin sequera o noso)

Porque tamén queremos ter curriculum.

Porque tamén queremos un chope para as nosas familias.

Porque ningún líder de partido (nin sequera o noso) nos pediu ir de 21 na lista.

Porque tampouco nos preocupa A Estrada.

Porque tamén queremos adicación exclusiva.

Porque non somos hipócritas…

…creamos un novo partido: @s Resentid@s.

Se a ti tampouco te chamou ninguén (nin sequera o teu partido) envía un comentario.

NÓS SI TE QUEREMOS NA NOSA LISTA

Subscrición
Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: ,

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes