Nov
09
2008
3

WE WANT CHANGE

Hai 11 meses, en Xaneiro, un tal Barack Obama pronunciou un discurso tras perder nas primárias de New Hampshire ante a daquela candidata oficial do pertido demócrata Hillary Clinton. Ese discurso (aquí traducido por Cesare) foi o comezo da vitória de Obama nas eleccións a presidente do mundo mundial. E ese discurso levou aos EUA duas expresións que hoxe, unha vez Obama xa non é un tal Barack Obama, quedan para a história dese pais. Unha delas saiu do próprio Obama, o Yes We Can (si, podemos ou xa é fin de semana, segundo quen traduza), que quedou como lema da campaña, e que deu lugar a un estupendo video musical de Will I Am. A outra foi coreada polo público durante o discurso e foi a que, ao meu entender, resume o por que da vitória de Obama nas pasadas eleccións nos EUA: We want change (Queremos o cámbio).
O we want change pasa moitas veces nas eleccións por todo o mundo. O povo ás veces cansa dalgúns gobernos e pon unha esperanza de cámbio en alguén que, dalgún xeito,ten o carisma suficiente (se é que iso existe) para canalizar o seu descontento e transforma-lo nalgo positivo, nun algo que eleva a confianza da xente nas persoas e, tamén, na política.
Iso pasou na Estrada. Logo de quince anos de mandado da dereita un goberno de esquerdas chegou ao concello. Moita xente (eu entre eles) depositou unha esperanza de cámbio nese goberno de esquerdas, unha esperanza de que ia mellorar a vida das persoas do concello en detalles que podan parecer irrelevantes mais que son os que se notan no dia a dia.
O malo de depositar a confianza e a esperanza en alguén é que pode quitar-cha. No meu caso, o actual goberno estradense así o fixo. Eu queria o cámbio, mais non o vexo por ningures. Ningunha das áreas do goberno da Estrada cambiou. Non cambiou a política cultural, temos a mesma falla de actividades de hai dous anos, nin unha soa iniciativa, cousa que xa dixen hai seis meses, por certo. Non cambiou a política urbanística, continuamos sen ter un PXOM que ia estar aprobado nun ano e non hai indícios de que se vaia aprobar no próximo, así como tampouco hai indícios de que se vaia tentar cambiar o concepto do urbanismo que tiña o PP. En política ambiental a cousa vai a peor, coa teima de facer un parque empresarial á beira dun rio a pesar de saber que non é bo.
Poderia seguir nomeando cousas que non se fixeron, mais nin teño os programas dos partidos á man nin tempo para numerar tal cantidade de cousas. Simplemente nomeo como logro máis ou menos acadado o plan de participacoón cidadá e a creación das xuntas parroquiais. Polo resto, nada.
E agora, de novo, we want change.

Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: , , ,
Abr
25
2008
--

CONCELLO

E unha última anotación por hoxe. Vendo as anteriores, incluindo que, por exemplo, A Farola organiza unha noite teatral, ou que algún pub fai concertos de xeito habitual (cousa da que xa falei aquí algunha vez), ve-se que as avangardas e iniciativas culturais do concello non parten dos organismos oficiais. Seguimos igual. E isto non é culpa de que non haxa Plan Xeral (que por certo xa debera estar exposto ao público, se queren cumplir o prazo dun ano que deron nas eleccións), nin de cartos tampouco (que non me veñan a dicir que os bares ou asociacións estradenses teñen máis cartos que o Concello). Non, é simple falta de iniciativa. Nun ano que case leva o novo goberno non houbo nin unha iniciativa no eido da cultura diferente ás que habia cando o PP. O teatro que lle traen, homenaxes e papatórias e pouco máis. Penso que se poderia dicir da maioria dos ámbitos de goberno. Persoalmente só hai unha actuación que me deixa un pequeno lugar para a esperanza. É o regulamento de Participación Cidadá. Ainda que lento, parece que vai adiante. Polo resto, encefalograma plano.

Subscrición
Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: , ,
Out
07
2007
1

O PACTO

Previamente, no concello da Estrada:

  • O que fixo o PP xa o sabemos e, polo que se ve, tamén está claro o que vai facer o PSOE.
  • os socios-listos deberías en facer unha auditoria tal como se fai en teo, para ver como deixaron os do PP o Concello. ¿Ou é que non van facela para q1ue logo non lla fagan a eles?
  • Chegará o goberno municipal socialista aos 100 días con algún deber feito? Alguén notou “o cambio” de goberno local?
  • Efectivamente ainda non se nota cambio no governo local, salvo nunha cousa, que este sae máis na televión local co outro, que xa é dicir.Mandache carallinho. Creo que lle van a poñer nas siglas a letra “D” e pasará a chamarse dono estrada televisión.
  • Diría o mesmo Dono, se o Bloque da Estrada incumplira o Acordo Marco e el non fora Alcalde?
  • …ovellas descarriadas que agora andan pactando con Dono (Cidadáns)…
  • Esta xente vai facer que a xente empeze a pensar o do “co PP isto non pasaba”
  • E sobre o tema do PXOM direi que o PSOE debe estar negociando con Reboredo a ver que se pode arranxar e que hai que deixar como está, a fin de contas el elaborou este PXOM e el ten a chave para poder aprobalo.
  • Xa está ben que Dono lle bote a culpa de todo os funcionarios e abronque os xornalistas. Que abran a piscina, axilice as licencias e aprobe o Pxom. E que nos explique o seu pacto con Reboredo
  • …din que a Espiño non lle dan as contas e pretende levar a cabo un novo catastrazo, agora no rural (pois penso que na vila non se atrevería, visto o visto). Será para pagarlle o soldo de Dono? Ou terá que facer contas con Reboredo?
  • Por certo, vistes pola tele as boas migas que facían Dono (PSOE) e López (PP), os dous defendendo a Sanmartín (PSOE) e falando mal do Conselleiro (BNG)?
  • os simpatizantes do BNG xa tivemos unha reunión e xa sabemos o que hai.
  • o psoe de esquerdas? non me fagades rir.
  • …ao PSOE sempre lle quedará Reboredo…
  • os sociatas non están preocupados co pacto co BNG, iso é certo, porque xa o teñen todo con Reboredo e Juan Torres.
  • INTRANSIXENCIA PREPOTENCIA=INCOMPETENCIA?
  • É unha pregunta que lanzo ao foro porque estou preocupado co talante intransixente e prepotente que está a mostrar Dono.
  • …o PSOE non fixo nada para merecer o triunfo, nada.
  • Dono fará bo a Chito, e se non ao tempo.
  • …Eu non votei por el, pero falo con moita xente que si o fixo e tá alucinada por andar de pactos con Reboredo…
  • Se Espiño e os seus pactaron co PP de Reboredo durante a ultima lexislatura, agora Reboredo pacta co PSOE e viceversa.
  • E parece que en Teo o PSOE e o PP tamén se entende á perfección.
  • A experiencia é que PSOE e Reboredo pactaron na anterior lexislatura moitos asuntos para deixar de lado ao BNG. Estando Gonzalo e despois Raquel.
  • Os estradenses xa estamos afeitos a ver como o PSOE pacta co PP e afíns.
  • É a mesma política que a do PP.
  • Reboredo merece unha recompensa. Por que non o nomean asesor de Urbanismo?
  • PSOE REBOREDO(PP bis)=PACTO DA VERGOÑA
  • O voso é apoiar os vosos intereses particulares e partidistas. Ala, ala, a seguir pactando co cidadán Reboredo. QUE SERÁ O QUE LLE DADES A CAMBIO?
  • Dono non ten o apoio da maioría dos estradenses que foron votar. E el si que é “integrista” e “talibán”
  • Andaremos e veremos como se consolida o pacto PSOE-CIDADANS
  • …estratexia do PSOE enganando a súa base social dicindo que non puideron pactar co BNG porque lle pedian moito e asi xustificar o pacto con Cidadáns que xa se visualizou no acordo do soldo desorbitado e outros que irán saindo.
  • Mellor que gobernen en minoria senon dentro de catro anos eles levanse as flores e os votos e os do BNG baixan como esta ocurrindo en outros municipios de galiza.
  • Por certo, o PSOE é de esquerdas?

Todas istas frases foron recollidas dos comentarios feitos por simpatizantes do BNG nos blogs “Ruxe-ruxe na Estrada”, “A Estragada” (lazos no lateral) e este próprio. Non poño os lazos de todos porque é demasiado traballo, pero aseguro que non inventei nada. Seguirán pensando o mesmo agora?

Noraboa da miña parte a PSOE e BNG por ter acadado un pacto de goberno. Así sempre o quixen e defendín, como quedou patente nesta bitácora.

Subscrición
Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: ,
Ago
05
2007
20

DIME CON QUEN PACTAS…

O BNG escenifica unhas negociacións fallidas co PSOE para xustificar o seu acordo co PP

Nos últimos plenos que tiveron lugar no Concello da Estrada, desde a ruptura das negociacións para formar goberno que estaban a manter o PSOE estradense e o BNG baixo as directricesdo señor Quintana, que non quere un goberno de coalición senón dous gobernos paralelos, púxose en evidencia con que forza política ten vontade de acordo o BNG da Estrada, xa que non fai máis que votar co PP en contra do grupo de goberno.

Para o chimpín resultou moi clarificador o sucedido nos útimos dous meses, e considero que as conversas que mantivo o BNG co PSOE nas últimas semanas máis ca a unha vontade real de formar un co-goberno PSOE-BNG respondían a tratar de dar a imaxe da existencia desa vontade no BNG… xa que son conscientes de que existe unha demanda social de cambio político na Estrada que pasa pola conformación dun co-goberno PSOE-BNG. O chímpín lamenta o intento de manipulación da opinión pública estradense por medio dese simulacro de conversas e a utilización que o BNG fixo da vontade do PSOE de chegar a un acordo de co-goberno para os vindeiros 4 anos.

En conclusión, o BNG presentouse as eleccións para gobernar, non para estar na oposición. O respaldo obtido nas eleccións non lles permite ser eles quen decida formar goberno senón que a iniciativa lle corresponde ao PSOE. Se tiveran interese en contar con eles simplemente tiñan que cumprir o asinado ou propor unha fórmula aceptábel para o PSOE e que non supuxese un esquecemento dos resultados electorais, e se non queren, que o digan con claridade, pero que non traten de culpar a quen non ten a culpa de rachar as negociacións e de que non exista un goberno de coalición, e moito menos, como coartada para xustificar que chegaran a un acordo co PP. Soamente demandamos que non utilicen ao PSOE de escusa e que asuman claramente a responsabilidade das súas lexítimas decisións.

Subscrición
Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: ,
Mai
28
2007
17

Municipais07: INESPERADO

Gañou o voto de progreso. Na Estrada ao PP non lle vale nin eso de que ten que gobernar a lista máis votada. Porque a dereita perdeu por primeira vez na democrácia.
Ninguén o agardaba. Habia algunha persoa que vaticinou unha lixeira vitória do PSOE, mais dándolle 8 concelleiros. Eu creo que nin eles o esperaban. 9 concellais, e case 10. Foi o cambio de candidato? Foi unha campaña dirixida contra o PP e Reboredo? Foi que Dono dixo que non ia deixar de exercer a medicina no ambulatório? Foi o voto dos descontentos co PP? Foi o voto útil? Temas para que analisen con tempo, e agora a non defraudar aos/ás votantes.
Ninguén o agardaba. Alguén tiña algunha esperanza, mais pouca xente, e menos o próprio PP, pensaba que ian baixar tanto, de 12 a 7 concellais. Foi un voto de castigo polo PXOM? Tiraba Chito máis do que parecia? De la Calle non vale para atraer masas? Tira Reboredo máis do que pensaban? Teñen catro anos para remoer.
Ninguén o agardaba? Eles non, o vínculo do BNG coa realidade non está demasiado claro. Agardaban un mínimo de 5 concellais. E sacaron tres. Voltan aos resultados do 95. Mais debia haber quen pensaba na maioria absoluta. Non se entenderia, senón, o feito de que digan agora que o BNG non quere entrar no goberno, se é certo o que publica A Voz (EDITADO: xa dispoñible na edición dixital) e que me pareceu entender onte nos especiais das televisións locais. Para que se presentaron entón? E a baixada. A min que non me boten a culpa, que este blogo o len 40 persoas ao dia e son sempre as mesmas. Foi polo apoio incondicional e a toda costa á cidade do moble? Foi pola candidata? Foi por unha campaña dirixida, entre outros, contra a única posibilidade de pacto que tiñan? Foi polo voto útil que me dician que tiña que facer e que foi parar ao PSOE? Mirádeo ben, e reflexionádeo ben, e pensade ben o de entrar no goberno, porque senón igual nas próximas eleccións perdedes os concellais que vos quedan.
O de Reboredo e Villamayor si que era esperado por todos, e tamén por eles. Agora queda saber se Reboredo vai seguir sendo concelleiro logo do xuizo ou vai ser inhabilitado.

Persoalmente quédome coas declaracións que onte fixo Dono, dicindo que queria gobernar en coalición co BNG, que era o seu aliado natural, e que hoxe mesmo EL ia ir falar con eles para empezar a negociar. E repito, os votantes do Bloque queren ás persoas ás que votaron no goberno.

Subscrición
Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: ,
Mai
24
2007
15

Municipais07: PNVBNE

O das eleccións este ano está dando moito xugo. Eu xa non sabía a quen votar, por iso montamos esto d@s RESENTID@S e o do Partido das Droghas Tradense. Mais tamén é certo que sempre me tirou máis o BNG ca os outros partidos. Nacionalistas e de esquerdas. Que pasa?, que con esto da chegada ao poder, as leas internas, etc. moita xente comezou a poñerse recelosa do esquerdismo do Bloque e das súas formas de facer certas cousas. Por iso debeu se que houbo quen montou un partido virtual chamado PVBE, ou Partido dos que Votan ao BNG por Eliminación ao que eu xa estaba afiliado nada máis nacer o partido, incluso antes de coñecelo. O tema é que segundo vin no chuza! o señor Quin, chefe sumo do partido e responsable da “anovación” (outros pensamos que retroceso) do partido ven dicindo agora que o nacionalismo galego, e do Bloque, “no se inscribe en lo que tradicionalmente se considera izquierda“. Eu quero votar á esquerda e polo visto o Bloque xa non é de esquerdas, polo tanto desde este instante abandono o PVBE e dáme por fundar o Partido dos que NON Votan ao Bloque nin por Eliminación (PNVBNE). E aí queda papeleta eleitoral por se alguén quere secundar a iniciativa. Non hai máis que imprimir, recortar e meter nun sobre.

Subscrición
Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: , ,
Mai
20
2007
2

Municipais07: ENQUISA

Aparece hoxe unha enquisa no Faro de Vigo onde se dá conta das intencións de voto dos estradenses de cara ás eleccións municipais do próximo domingo. Segundo esta enquisa existe a posibilidade de goberno en solitario do PP ou en coalición cos Cidadáns de Reboredo (aliado lóxico do PP), xa que lle dá 10 ou 11 concelleiros ao PP e 0-1 aos Cidadáns. Segundo a enquisa quedaria unha posibilidade de goberno de “esquedas” cunha hipotética coalición entre PSOE (6-7 concellais) e BNG (3-4), que se daría caso de quitar 7 o PSOE e 4 o BNG.
Eu non quero darme de vidente, nin fixen unha enquisa, mais non creo que as cousas vaian quedar así, nin tampouco como puxen na porra (8-8-3-2). No que si estou dacordo con Ipsos Consulting, empresa realizadora da enquisa, é nas tendencias no voto. A baixada do PP é evidente, e serían as segundas eleccións consecutivas que lle pasa, tras baixar máis dun 10% no 2003 respecto das anteriores. Mais para este ano agardo unha baixada maior, que se quedará nun 40-41% de apoios. Tamén a subida do PSOE é evidente, seguindo a progresión dos últimos anos. Agora, 6 paréceme pouco. E o BNG por aí andará, cos 3-4. O evidente é que non van sacar 5. E ben, chegamos ao punto de Reboredo e o CIDEGA. Non hai dados anteriores, non se sabe como pode cair a candidatura… E, sempre na miña opinión, é aquí onde vai estar a clave destas eleccións. Porque van pelexar por un concellal co bloque. E será a acta que dea o goberno a favor duns ou outros. E persoalmente creo que será cara á dereita, con 9 do PP e 2 do CIDEGA. Gustariame que non, mais trato de ser o máis obxectivo que se pode ser inventando unha enquisa. O que si teño claro é que o PP non vai ter 11. Se atino ou non saberémolo dentro dunha semana.

Subscrición
Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: ,
Mai
15
2007
1

Municipais07: P.D.T.

No chimpín recibimos este comunicado. O feito de dalo a coñecer é porque… porque tá bonito. E a quen non lle gustou o dos RESENTID@S igual lle gosta este. Se por partidos non vai ser.

P.D.T.

[Partido das Droghas Tradense]

COMMUNIKADO 1

Hestimados TradenSes (hincluidos hos dos Partidos ghovernantes):

o P.D.T. xegou pra kedar-se. Dirisimo-nos a bos para enbiar-bos um hultimatun. Haí bai: que zaivades que keremos ganyar has Eleisions. Hestamos bisiando a bossa condutta he akavamos de hinfiltrar halghuns dos noSsos meiores hakSentes em tóda-las Mesas Helertoráis, hincluida a de Verres. Kuios haKsentes azquirirom az hapariências esternas dos mais malosos de todos bos koha kseniál idea de dalnos tódo-los botoz.

Zomos o ghrupo malloritario na Estraghada. Ha malloria ssshilensiosa: ¿kem no porvou drhogas na Estraghada? Tódo-las savemos donde hestám: nakel var, o do hondo a a dereita. Tódo-las savemos kenes xon os nozos meiores hakSentes: handan hentre bos, bestidos kom rallass. Sóyo patar-emos Kon Revuredo, EL-ke-bien-hescrive.

Hexxighimoss Puestos para tódo-los noss.

No P.D.T luitamos po-la dependênzia, DEPENDÊNZIA!!! DEPENDÊNZIA!!!, de to-dólos botadoress Do mundo mundial. Dependemos das drhoghas e hestamoss horGuyososs. O noSso seghinte passo será seqühestrar ha halghum dos memvros da bossa cóppula hintelettual -VIBA a Frebença. Nom o liverrare-mos se nom ganyamoz.

KEM HABISA NOn HÉ TRAHIDOR.

P.D.T.

Subscrición
Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: ,
Mai
14
2007
--

Municipais07: OS LEMAS DA CAMPAÑA

O dos lemas de campaña é algo que non entendo demasiado ben. Noutros tempos os “slogans” utilizábanse para definir as políticas que seguiría o partido concreto caso de gañar as eleccións. Mais agora todo queda reducido a unha frase bonita e que quede ben no cartel electoral. Pódese comprobar no caso da Estrada. Quitado o lema dos Cidadáns, que tampouco di nada, mais leva o nome do partido, o resto serian completamente intercambiables. ¿Por que non poderia poñer o Bloque “Outra forma de gobernar”, que é o que utiliza o Partido Galeguista? ¿Que tal lle quedaria ao PSOE a “Confianza” do PP? ¿E estes non poderian facer unha “A Estrada pensada para ti”? ¿E o PG non pode dicir que “Faremos máis” ouque son “Tempos novos”? E o dos “Cidadáns coma tí” (así, con til) ben valia para calquera, para calquera das sete cidades, claro. O da precampaña do PP, “Centrados en ti” definía, mais vendo as políticas do partido tamén mentía. E é que na Estrada non hai unha Esquerda Unida que propoña “Un goberno de esquerdas” de forma clara e concisa.

Subscrición
Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: ,
Mai
09
2007
8

Municipais07: PORRA

Veña, xa que ainda teño unha camiseta por dar, imos facer unha porra destas eleccións.
As normas son simples:

  1. Para participar pon un comentario a este post.
  2. Hai que dicir cantos concellais van sacar cada partido (PP, PSOE, BNG, CIDEGA, PG) e teñen que sumar 21
  3. Non se poden repetir combinacións existentes (o que repita queda eliminado/a)
  4. Quen queira optar ao premio dunha Chimiseta debe identificarse dalgún modo, para poderlle facer entrega do premio (se ten identidade Blogger ou Google chega con iso). Admítense concursantes anónimos, mais estes non optan ao premio.

Pois iso, simple. O concurso pecharáse o día 26 de maio. De non aparecer gañador ou ser este anónimo non se entregará o premio, ou igual o sorteo entre os/as concursantes, a ver como me levanto o 28.
Molládevos, eu móllome e poño o primeiro comentario, ainda que cunha combinación que creo pouco probable.

Subscrición
Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: , ,

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes