Xuñ
27
2007
1

EN FESTAS 2007

Chega hoxe o remate para as festas da Estrada, cun balanzo positivo en comparación aos últimos anos. O certo é que, aínda que sempre se poden poñer pegas, desta volta non o vou facer. Creo que a comparativa deste ano cos precedentes, e sobre todo co ano pasado, deixa un balanzo positivo para a comisión actual. E como polo visto repiten para o ano próximo, imos darlles a posibilidade de melloralas sen críticas. Que non se poden pedir marabillas cando se parte de cero, xa bastante fixeron.
Do que vimos só vou falar do concerto do arxentino Coti Sorokin, que foi ao que asistín. Quen queira información dos outros deixo lazos a Pablokani cos Suaves, e á Voz co do Arrebato. De Rosa nada, que para o que cantou… E un detalle para a comisión, este si mo vou permitir: Escenarios descubertos en Galiza… son un risco innecesario.
Coti entrou no escenario pasadas as doce e cuarto da noite, ante unha praza case chea, e comezou con toda unha declaración de intencións, dandolle forte ás guitarras, cunha canción do seu novo disco, continuando cunha movida “Antes que ver el sol”, para despois saudar e continuar coa presentación dos “Gatos e Palomas” mesturando cancións de “Esta mañana y otros cuentos. Demostrou tamén que sabía onde estaba, cando despois de cantar “El inmigrante”, que adicou á emigración de ida e volta galego-arxentina, fixo un fragmento da “Miña terra galega” de Siniestro Total. E continuou coas referencias á emigración con “Buenos Aires”, a quinta provincia galega nas súas propias palabras. Tivo tempo tamén para lembrar un par de clásicos como son “Me vuelvo loco” de Tequila e unha versión rocanroleira da “Princesa” de Sabina. O punto humorístico caeu cando, para presentar a canción “Pequeña historia de un funcionario corrupto”, dixo que en todos os sitios había funcionarios corruptos e parte do público asinteu efusivamente, coas conseguintes risas dos que estaban enriba do escenario.
Para rematar, un par de bises con temas dos máis coñecidos, saúdo e fin.
Edito: se o propio Coti pon “minha terra galega” con ene agá no seu blog, eu non vou ser menos.

Subscrición
Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: , ,
Abr
16
2007
1

A ESTRADA 1-1 MORALZARZAL

O pasado sábado sorprendeume ver en Informativos Telecinco unha reportaxe sobre a vila madrileña de Moralzarzal (9.973 hab.), no que se explicaba que era o primeiro municipio do estado español en dispoñer unha rede Wi-Fi con cobertura en todo o término municipal. Pensei que escoitara mal, pois todos sabemos que esa reportaxe xa saeu en varios medios nacionais (TVG, vía Ruxeruxe, El País) referida á Estrada. Pero é o que ten a interné, que todo se atopa. Como se pode comprobar nas edicións dixitais de La Razón e Madridiario o proxecto Moralzarzal Digital consigueu que o municipo de Moralzarzal sexa

el primer municipio Wi-Fi de España

Pois eso, temos dous primeiros municipios Wi-Fi de España. Ou é que igual non estamos en España?

Subscrición
Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: ,
Set
06
2006
2

KINKI FESTA

Así clasificaría eu o sucedido na praia fluvial de liñares este sábado. E organizaba o concello, que incluso asisteu o concellal do ramo (o de xuventude, que supoño que iso non estará considerado como cultura). Pois miles de persoas (2 miles segundo a organización; 0,8 miles segundo as contas do chimpín) asistiron á primeira edición do festival PÉ NA ESTRADA, que tivo mellores actuacións que as festas. Non en van estaban os semi-locais Matraca Perversa e Festicultores (estupendos con esa cabra balcánica) e os ilocalizábeis Che Sudaka, apresentando o seu disco Alerta Bihotza. Para a Banda Potemkin xa non quedei, que o frio… despois non hai quen acenda. Como o ano que ven traian á Kinky Beat vai ser a repanocha. Por certo, que tampouco hai que perderse o festival de Ouzande o dia 22.

Subscrición
Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: , ,

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes