Xuñ
03
2009

FECHADO POR REFORMAS

O programa Aberto por reformas que bem apresentou Xurxo Souto durante os últimos anos, dando oportunidade á música galega de todos os estilos, finou no dia de onte.
Entendo que retirem ao senhor Souto como direitor de programaçom da RG, mas retirar-lhe o programa e ponher o que pugerom nom têm outro nome mais que o de Censura.
E quando antes o programa se adicava á expansom interplanetária da música pangalaica, agora… Julguem vostedes:

E se a isto lhe sumamos que onte, também, a TVG retirou um programa documentário sobre as vacas tolas para ponher um filme, máis do mesmo.
Empezamos.

Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: , ,

7 Comments

  • W. Sobchak

    Iste é o módelo de medios de comunicación dos paladins da libertá

    Comment | 3 Xuño 2009
  • Anonymous

    Xa empezamos, (decia feijoo non)
    pero se deixamos pasar isto sen montala, sera peor… i os grupos que apoiaron estes dous? e todos os que escoitabamos o programa? coño agora empezamos nos…. non deixedes pasar esto…

    Comment | 3 Xuño 2009
  • chimpín

    E ainda diria mais do que escrevim arriba. Case me parece mais grave isto que o do documentário da Caixa Negra. Isso foi um facto punrual sobre umha temática incómoda relacionada com a má gestiom do partido que governa dum caso passado. Polo visto a emissom há-se reanudar a próxima semana normalmente.
    No caso de AxR, a rádio fica sem um espaço onde escoitar música galega, que é no que consistia o programa. Podiam ter cambiado de apressentador, sem problema. Xurxo Souto nom deixava de ter um cargo político no ente. Mas nom foi um símpel cámbio de apressentador. Foi um cámbio de programa. Ao PP molésta-lhe a música galega e todo o que com ela vai. Nom quer escoitar falar da Galiza para nada.
    E pior, os grupos galegos que fam música galega ficam sem a única promoçom que tinham.
    Cheiram, estes do PP

    Comment | 3 Xuño 2009
  • magnummare

    Sixelamente intolerábel!! Calquera cousa que soe a Galiza é altamente contaminante para os nosos gobernantes…

    Por certo, collo ese principio de programa para o meu blogue 😉

    Comment | 4 Xuño 2009
  • chimpín

    Magnummare, eu colhim-o de aquí:
    http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/1626/62/
    Sinto nom ter citado a fonte

    Comment | 4 Xuño 2009
  • chimpín

    Ou daquí:
    http://www.ghastaspista.com/novas/leenova.php?id=1245

    Comment | 4 Xuño 2009
  • casrexa

    Esta xente e dunha pobreza intelectual que non se pode aturar.Merecen que os parta un lóstrego.Isto tennos que facer mais fortes.PARTIU!!
    EU PARTIR PARTIALLES A CACHOLA!!

    Comment | 4 Xuño 2009

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes