Out
17
2008

TELEFÓNICA: UNHA NOVA TENTATIVA (e 2)

Desde o 17 de setembro agardei máis de dúas semanas a que aparecese o técnico encargado de mirar o tema do enganche. Unha semana despois, o dia 9 de Outubro fiquei coa liña de ADSL conectada. Polo visto tiven sorte por várias razóns, que se resumen en:

  • Os de telefónica equivocaron-se ao coller o enderezo (eu dei-lle-lo perfectamente, que sei onde vivo), por iso mandaron ao técnico, senón ian mandar merda.
  • Na caixa correspondente (caixa A) non habia pares dispoñíbeis (un par é un punto de conexión para unha liña) dos quince existentes. Máis arriba habia outra caixa con 25 pares (caixa B), da que saian os quince pares da caixa A.
  • O técnico de telefónica (de montelnor, máis concretamente) cambiou unha liña das existentes da caixa A á caixa B, deixando libre unha da caixa A, que foi a que me tocou a min. Desde aquí debo agradecer-lle a este home que buscase a solución, xa que se fose outro non habia mover un dedo.
  • O técnico de telefónica estaba a substituir a outro que estaba de baixa ou vacacións, non lembro. O titular da zona xa pasou de min noutras ocasións.

Pois iso, xa teño teléfono. Dá gusto ver o ben que traballan algunhas empresas.

Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: ,

2 Comments

  • Aitana

    Parabens costou traballo pero xa podes disfrutar dunha linea como mandan os informaticos e non a maravillosa rede Estrada dixital que esta esgotando os meus nervios.

    Saudos

    Comment | 19 Outubro 2008
  • Anonymous

    Xa vexo que a satisfacción dos usuarios de A EstradaDixital ten moito que desexar… Tamén digo que non se pode pedir pesos a catro pesetas!!

    Saúdos!!

    Comment | 27 Decembro 2008

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes