Set
25
2008

TELEFÓNICA: UNHA NOVA TENTATIVA (1)

Hai xa un par de anos, chamei a telefónica para que me puxeran unha liña de teléfono coa que acceder a internet. Cando viñeron non podia ser, dado que desde o poste que habia do outro lado da pista non se podia tirar cabo para a casa. Primeiro intento fallido.
Un ano despois voltei tenta-lo, e puxeron un poste do meu lado da pista, mais eu persoalmente tiven que tirar cabo desde o poste até a casa, poñendo o correspondente tubo de protección. Unha vez feito todo o traballo (e entre que chamas, ven un técnico, mira, decide, chama aos do poste, poñen o poste, etc pasan vários meses) tampouco podia ser. Faltaba unha caixa (?).
Seis meses despois chaman para dicir que se quero me poñen un TRAC. Nego-me.
O pasado 17 de setembro comezo a terceira tentativa. Desta vez xa contrato directamente unha ADSL con telefónica, con permanenza de dous anos, para ver se así lles dá máis por poñelo. Xa está o poste colocado e cableado, porque así quedou da última vez. Dixeron que antes de dez dias pasaban. Van oito.
Proximamente máis.

Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: ,

2 Comments

  • Hominho

    Pois eu digoche o mesmo, aquí pelexando para que cambien o Trac de merda, e logo de armarlle a de ‘diosescristo’ chaman dicindo que van a vir a colocar unha parabolica… haha! viva a tecnoloxía no rural!
    Esta empresa leva toda a vida incumplindo canta normativa exista no estado que regule o seu funcionamento, cando non lle serven todo en bandexa…
    E mentras pois nada, os paletos aldeaniños fodemonos e esperamos, cando menos no meu concello puxeron internet polo wimax de marras e vou safando…
    Saúdos e a ver se tes sorte, pois iso é o que é, esperar algo de timofónica é coma xogar á lotaría.

    Comment | 5 Outubro 2008
  • Aitana

    Os de timofonica sonche do pioriño de este pais. Desexote moita sorte e pidoche que nos manteñas informados.

    Comment | 8 Outubro 2008

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes