Ago
05
2007

DIME CON QUEN PACTAS…

O BNG escenifica unhas negociacións fallidas co PSOE para xustificar o seu acordo co PP

Nos últimos plenos que tiveron lugar no Concello da Estrada, desde a ruptura das negociacións para formar goberno que estaban a manter o PSOE estradense e o BNG baixo as directricesdo señor Quintana, que non quere un goberno de coalición senón dous gobernos paralelos, púxose en evidencia con que forza política ten vontade de acordo o BNG da Estrada, xa que non fai máis que votar co PP en contra do grupo de goberno.

Para o chimpín resultou moi clarificador o sucedido nos útimos dous meses, e considero que as conversas que mantivo o BNG co PSOE nas últimas semanas máis ca a unha vontade real de formar un co-goberno PSOE-BNG respondían a tratar de dar a imaxe da existencia desa vontade no BNG… xa que son conscientes de que existe unha demanda social de cambio político na Estrada que pasa pola conformación dun co-goberno PSOE-BNG. O chímpín lamenta o intento de manipulación da opinión pública estradense por medio dese simulacro de conversas e a utilización que o BNG fixo da vontade do PSOE de chegar a un acordo de co-goberno para os vindeiros 4 anos.

En conclusión, o BNG presentouse as eleccións para gobernar, non para estar na oposición. O respaldo obtido nas eleccións non lles permite ser eles quen decida formar goberno senón que a iniciativa lle corresponde ao PSOE. Se tiveran interese en contar con eles simplemente tiñan que cumprir o asinado ou propor unha fórmula aceptábel para o PSOE e que non supuxese un esquecemento dos resultados electorais, e se non queren, que o digan con claridade, pero que non traten de culpar a quen non ten a culpa de rachar as negociacións e de que non exista un goberno de coalición, e moito menos, como coartada para xustificar que chegaran a un acordo co PP. Soamente demandamos que non utilicen ao PSOE de escusa e que asuman claramente a responsabilidade das súas lexítimas decisións.

Subscrición
Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: ,

20 Comments

  • Anonymous

    Hai que ver que camiños escolle o Chimpín, pouco máis de dous meses e xa peloteando á nova orde…

    Comment | 8 Agosto 2007
  • chimpín

    Peloteo? Facer unha crítica ao BNG por pactar co PP é peloteo ao PSOE? Estamos nos tempos de Aznar nos que todo o que non fora do PP era da ETA? Non ser do bloque é pelotear aos socialistas? Querer ao bloque no goberno é ser do PSOE? Hai que ver o que se lé por aí.

    Comment | 8 Agosto 2007
  • Anonymous

    Onde pactou o BNG co PP?, nos once millóns do soldo de Dono?, nas dúas secretarias de Dono?, que eu saiba estas son as cuestións que o PSOE levou a Pleno polo de agora nos que houbo desacordo por parte do BNG, e o PP creo que se abstivo de apoiar as propostas do Bloque. É moi lexítimo ter e expresar as opinións sobre calquera situación, o problema ven cando se manipulan as informacións e os datos -como fixeches Ti na entrada- co obxecto de ridiculizar ao BNG e responsabilizalos de non estar no Goberno da Estrada, cando os datos obxectivos (partindo por suposto da premisa de que o BNG é unha forza política respectable e non unha cuadrilla de colegas) indican que a responsabilidade se sitúa no PSOE, a quen Ti, aínda que non gostes de que cho digan, peloteas na entrada.

    Comment | 9 Agosto 2007
  • chimpín

    O BNG pactou co PP exactamente no mesmo que o PSOE con Reboredo. Se dicides no BNG que por votar xuntos no pleno do soldo de Dono os socialistas pactaron con Cidadáns é igualmente lexítimo dicir que o Bloque pactou co PP. E se dona Raquel non quixo negociar co PSOE é responsabilidade dela que non haxa pacto. Non se pode ir a unha negociación sen ceder as dúas partes, e ela non quixo ceder nin un milímetro. Sei que hai xente da executiva local do BNG que houbera asinado algunha das ofertas do PSOE, mais ela negouse en redondo (máis ben en cadrado, coma a súa cabeza). Pero ben, tedes o que queredes, noraboa. Parece que esta táctica que tiña o bloque de subir votos a costa de perder os seus principios marxistas nacionalistas está a dar froitos na Estrada. E nas próximas máis, xa veredes.

    Comment | 9 Agosto 2007
  • Anonymous

    chimpín, es un pobre ignorante. Vaite máis polos plenos e logo opina.

    Comment | 9 Agosto 2007
  • chimpín

    Hala, quedámonos sen argumentos e comezamos cos insultos.

    Comment | 9 Agosto 2007
  • Anonymous

    Chimpín, diante dos teus razoamentos é fácil chegar á mesma conclusión co autor do anterior comentario, non é falta de argumentos senón que xa Ti mesmo te pos en evidencia. As propostas que sairon adiante nos plenos foron as do PSOE e as de Cidadáns, por medio do apoio mutuo, non as do BNG, o PP limitouse a votar a favor, en contra ou absterse tanto en propostas do PSOE coma nas do BNG e de Cidadáns. A túa teoría é tan simple -non é ningún insulto- que non aguanta nin a análise máis superficial. En canto ao que dis do non pacto BNG-PSOE, creo recordar que o BNG rexeitou a proposta do PSOE por unanimidade -iso quer dicir que nin un so militante estivo a favor de aceptar-, e o BNG é unha organización asamblear, a diferenza de PP e PSOE.

    Comment | 10 Agosto 2007
  • chimpín

    Anónimo, supoño que che será moi sinxelo chegar á mesma conclusión que a do autor do anterior comentario tendo en conta que tedes a mesma IP, polo tanto o mesmo ordenador, polo tanto… Non seredes o mesmo “Anónimo”? Hai que ser moi pobre de espírito para inventarse un amigo imaxinario que apoie as túas teorías cando ves que ninguén che dá a razón.

    Comment | 10 Agosto 2007
  • chimpín

    E despois falamos de poñerse en evidéncia…

    Comment | 10 Agosto 2007
  • Anonymous

    Chimpín, comproba o que dis, porque iso é imposible, eu son autor do 1º, 3º e 7º comentario, non do quinto, non preciso inventar caralladas para xustificar as miñas opinións, nin buscarme apoios, simplemente me pareceu que esta entrada realizada por un presunto espírito crítico, é tan sesgada, e tan itencionada e te pon tan en evidencia que pedía evidenciarche as túas propias contradicións, pero bueno se che fai feliz responsabilizar o bloque, e culpalo de canto queiras, e de paso apoiar a campaña do Psoe, pois ben, tes todo o dereito, non vaias de obxectivo, non fai falta, afortundamente vivimos nun mundo libre.

    Comment | 10 Agosto 2007
  • Anonymous

    ademais de ignorante, mentiroso. Eu fixen o comentario onde che decía que eras un pobre ignorante e este mesmo, e ningún outro máis. E se dis o contrario demostra sin trucos que os comentarios “anóminos” veñen da mesma IP. Demóstrao…

    Comment | 10 Agosto 2007
  • chimpín

    Vaia, parece que ao final son eu o que se pon en evidencia. Debín equivocarme ao marcar as IP´s. Pido desculpas a ambos anónimos.

    Comment | 10 Agosto 2007
  • foránea

    Bueno, eu vou poñerme nome, non vaia a ser… En fin, qué manía de pelexar constantemente. Se eu fose a dereita deste país estaría partíndome a caixa, e non me preocuparía de perder as eleccións, só tería que esperar a que as esquerdas se dean estopa, coma sempre, e digo esquerdas por dicir algo, porque creo que xa non quedan. Respecto ás negociacións fallidas, que creo, se xa non me perdín, que eran a discusión inicial, teño constancia de que, aínda que efectivamente o BNG é un partido asembleario, hai certas decisións que poden estar condicionadas pola cabeza que lidera. Xa sabedes: paz na casa e guerra fóra. Segundo eu teño entendido, o que o PSOE lle ofreceu ao BNG era máis que aceptábel, pero éste último reinvindicou cargos aos que non tiña dereito nen eran políticamente negociábeis. E efectivamente, houbo persoas que non estiveron dacordo, aínda que ao final pasaran polo aro. Para que non haxa confusións, non son votante do PSOE, senón do BNG, dende que tiven idade para votar, e moi descontenta, por certo.
    Por último, agradecería que a todos aqueles opinantes furibundos que contesten a isto (se é que algún o fai) o fagan con respecto e expoñendo as súas teorias sen descalificacións persoais, por favor. Un saúdo

    Comment | 13 Agosto 2007
  • Anonymous

    Foránea, non serás de Melide, ou de Teo, ou de Carballo, ou mesmo de Cuntis, non? Persoalmente xa estou aburrido deste tema, creo que hai que pasar páxina e centrar a atención na “xestión” que está a facer o Psoe, por exemplo.
    En todo caso, gustaríame comparar a situación no noso Concello co de Melide: 11 edís, BNG 5, PP 5 e PSOE 1. Asinouse o acordo de Goberno entre BNG (forza máis votada) e PSOE. O único concelleiro do PSOE é 1º Tenente de Alcalde con dedicación exclusiva e xestiona as áreas de Medio Ambiente, Emprego, Servizos, Seguridade Cidadá e Educación. O PSOE representa o 16,67% do goberno municipal, creo que non hai máis que dicir, bueno podemos lembrar a proposta do BNG na Estrada (25% do hipotético goberno municipal): 1ª Tenencia de Alcaldía, 25% de representatividade nos órganos de goberno do Concello e das áreas de responsabilidade (Medio Rural, Benestar Social, Industria, Comercio, Turismo, e Cultura ou Mocidade ou Deportes). Pódese seguir decindo que é excesivo?

    Comment | 14 Agosto 2007
  • Anonymous

    O Psoe ofreceu: 1ª Tenencia de Alcaldía, Benestar Social, Medio Rural e Urbanismo. Tampouco está tan mal. O BNG da Estrada estase a portar coma un feixe de nenos pequenos. E iso si que é un actitude cansina. Caracteres caprichosos disfrazados de ideoloxía política.

    Comment | 18 Agosto 2007
  • Anonymous

    Anónimo, que non te enganen, a última proposta do PSOE foi de: 2ª e 7ª tenencia de Alcaldía, e as áreas de Benestar social e Igualdade, Industria, Comercio e Turismo; e Facenda ou Feiras e Mercados.
    Véxase: (http://www.benega.info/aestrada/descargas/taboa_comparativa_acordo_marco.pdf)
    Mais é sintomático este comentario da estratexia do PSOE enganando a súa base social dicindo que non puideron pactar co BNG porque lle pedian moito e asi xustificar o pacto con Cidadáns que xa se visualizou no acordo do soldo desorbitado e outros que irán saindo.

    Comment | 19 Agosto 2007
  • chimpín

    Visto que xa houbo discusión suficiente dicir que fixen este post coa única intención de crear polémica. E non é máis que parte dunha entrada da web do BNG estradense cos nomes dos partidos cambiados. Onde poñía PSOE puxen BNG e onde poñía CIDEGA puxen PP.

    Por outra banda, para os que defenden o acordo marco ese do pacto pídolles que o lean todo, especialmente a parte onde di que o acordo é válido para as seis cidades onde pactaron PSOE e BNG (dígase, as sete cidades agás Ferrol) e que no resto dos lugares se buscarán outras fórmulas.
    Nada máis.

    Comment | 20 Agosto 2007
  • Anonymous

    O sea, que Torito e quintana asinaron un pacto para as sete grandes cidades e o resto que nos dan polo c

    Comment | 20 Agosto 2007
  • chimpín

    As aldeas non dan tanta publicidde. É o que ten a quIN-DEPENDENCIA.

    Comment | 20 Agosto 2007
  • Anonymous

    O BNG DA ESTRADA, APARTE DE TER UNHA MALÍSIMA LISTA, O ÚNICO QUE AMOSA É XENREIRA POLOS ESTRADENSES E NOXO POLOS RESULTADOS AO NON ACEPTAREN O RECONTO. É UN PROBLEMA DE COMPLEXO, CRÍAN QUE TIÑAN A MELLOR LISTA (O QUE PASA É QUE SÓ CRÍAN ELES PORQUE DENDE FÓRA ERA A PEOR DAS CINCO, E DIGO BEN, DAS CINCO)E A XENTE COLOCOUNOS ONDE MERECEN, PORQUE EN DEMOCRACIA SEMPRE PASA ASÍ.

    Comment | 18 Setembro 2007

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes