Mai
28
2007

Municipais07: INESPERADO

Gañou o voto de progreso. Na Estrada ao PP non lle vale nin eso de que ten que gobernar a lista máis votada. Porque a dereita perdeu por primeira vez na democrácia.
Ninguén o agardaba. Habia algunha persoa que vaticinou unha lixeira vitória do PSOE, mais dándolle 8 concelleiros. Eu creo que nin eles o esperaban. 9 concellais, e case 10. Foi o cambio de candidato? Foi unha campaña dirixida contra o PP e Reboredo? Foi que Dono dixo que non ia deixar de exercer a medicina no ambulatório? Foi o voto dos descontentos co PP? Foi o voto útil? Temas para que analisen con tempo, e agora a non defraudar aos/ás votantes.
Ninguén o agardaba. Alguén tiña algunha esperanza, mais pouca xente, e menos o próprio PP, pensaba que ian baixar tanto, de 12 a 7 concellais. Foi un voto de castigo polo PXOM? Tiraba Chito máis do que parecia? De la Calle non vale para atraer masas? Tira Reboredo máis do que pensaban? Teñen catro anos para remoer.
Ninguén o agardaba? Eles non, o vínculo do BNG coa realidade non está demasiado claro. Agardaban un mínimo de 5 concellais. E sacaron tres. Voltan aos resultados do 95. Mais debia haber quen pensaba na maioria absoluta. Non se entenderia, senón, o feito de que digan agora que o BNG non quere entrar no goberno, se é certo o que publica A Voz (EDITADO: xa dispoñible na edición dixital) e que me pareceu entender onte nos especiais das televisións locais. Para que se presentaron entón? E a baixada. A min que non me boten a culpa, que este blogo o len 40 persoas ao dia e son sempre as mesmas. Foi polo apoio incondicional e a toda costa á cidade do moble? Foi pola candidata? Foi por unha campaña dirixida, entre outros, contra a única posibilidade de pacto que tiñan? Foi polo voto útil que me dician que tiña que facer e que foi parar ao PSOE? Mirádeo ben, e reflexionádeo ben, e pensade ben o de entrar no goberno, porque senón igual nas próximas eleccións perdedes os concellais que vos quedan.
O de Reboredo e Villamayor si que era esperado por todos, e tamén por eles. Agora queda saber se Reboredo vai seguir sendo concelleiro logo do xuizo ou vai ser inhabilitado.

Persoalmente quédome coas declaracións que onte fixo Dono, dicindo que queria gobernar en coalición co BNG, que era o seu aliado natural, e que hoxe mesmo EL ia ir falar con eles para empezar a negociar. E repito, os votantes do Bloque queren ás persoas ás que votaron no goberno.

Subscrición
Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: ,

17 Comments

  • Anonymous

    Querido Chimpín:
    Aínda que discrepei coa análise que facías no anterior post, queróche dicir que concordo plenamente con este, especialmente co último parágrafo. Eu votei ao BNG

    Comment | 28 Maio 2007
  • Anonymous

    se o PP non fose tan marxinal e tan sectario e taliban coa idioloxia sua e a dos demais, posiblemente o BNG tamen iniciaría conversas de pactos co PP, pero como o PP é un partido marxinal na sociedade inventan o partido CIDEGA para haber se sona a flauta.

    O PP ENVEXA DE NON GOBERNAR E DESPOIS DA DERROTA QUE LLE METERON, DERONLLE BEN POLO CÚ

    Comment | 28 Maio 2007
  • Anonymous

    O Bloque ten que estar no goberno e ten que aplicar-se o do Sítio Distinto: estamos en guerra PERO HAI QUE REFLEXIONAR.

    Comment | 28 Maio 2007
  • chimpín

    Ben, parece que algo reflexionan. Agora, segundo publica o Faro,
    http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=3005&pIdSeccion=19&pIdNoticia=138990
    Raquel xa non é tallante á hora de rexeitar un pacto. Aos/ás votantes aconséllovos que fagades presión poñendo comentarios no blog de Raquel e na páxina do bloque.
    Sodes quen tedes ue esixilo.

    Comment | 29 Maio 2007
  • Anonymous

    Mellor que gobernen en minoria senon dentro de catro anos eles levanse as flores e os votos e os do BNG baixan como esta ocurrindo en outros municipios de galiza.

    Comment | 29 Maio 2007
  • Anonymous

    Nos que a xente do Bloque traballa como debe, defendendo o que historicamente defendeu [as esquerdas, a xente traballadora, o medio ambiente…]o bloque sobe: Teo, Carballo, Porto do Son, Cuntis, sen ir máis lonxe. Onde fai pallasadas como defender Reganosa -Ferrol-, ou Polígonos no Liñares -A Estrada- baixa.
    Se aquí traballa e o fai ben desde o goberno, recuperará eses votos que perdeu, igual que recuperou en Noia despois do castigo de hai catro anos.

    Comment | 29 Maio 2007
  • Anonymous

    Non me digas que nos bolos son tan importantes que lle fixeron crer a mil electores pa non votar ó bloque, porque disque o polígono é o que lle faltaba ó río.
    O bloque baixou porque non ten a rede caciquil que ten o psoe, (agora chámanlle traballo) que mesmo nesta e nalgunha outra parroquia utilizou a do pp.Dono e mais o alcalde de barrio, son da familia.

    Comment | 30 Maio 2007
  • Anonymous

    Non é que nos Bolos convenzan a ninguén de nada, é que o Bloque non deu convencido aos seus ex-votantes de por que iso é tan bo, igual que non deu explicado aos seus ex-vontantes se era verdade que había enchufes na Xunta para os “seus”, ne deu convencido de que eran capaces de compartir o goberno co PSOE -única posibilidade realista-, centrando a campaña nos ataques a Dono, en vez de cebar-se con quen o merecía. É o Bloque o que foi polas parroquias tratando altivamente á xente que tiña dúbidas, ou expresaba ideas diferentes…
    Son moitas cousas combinadas que o Bloque da Estrada non soubo facer as que lle proporcionaron a baixada de votos, porque esa rede caciquil da que falas, xa existía hai catro anos, cando o Bloque sacou unha concellaría máis.

    Comment | 30 Maio 2007
  • campolameirans

    Non sabíamos deste espacio, feclicidades pola gasolina que deixas en cada post.
    Saúdos

    Comment | 31 Maio 2007
  • chimpín

    Non, ho, nada de gasolina. Aquí estamos polos combustibles alternativos :D. E non, tampouco é a miña intención ser un incendiario. De feito, pasadas as eleccións voltaremos á nosa actividade habitual de falar de cousas tontas e sen importancia, como a música, culturilla e todas esas parvadas que a ninguén lle interesan.

    Comment | 31 Maio 2007
  • campolameirans

    Non tes inconveniente en que poñamos unha cadea no noso blog recomendandote como toxo saludable e combustible alternativo?

    Comment | 1 Xuño 2007
  • chimpín

    Por favor, faltaria máis. Se eso cando actualice os meus lazos xa vos incluo tamén. Obrigado.

    Comment | 1 Xuño 2007
  • Anonymous

    http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=32&idNoticia=88772

    Comment | 2 Xuño 2007
  • foánea

    Realmente eu non me esperaba que o BNG non quixese pactar co PSOE. Espero que recapaciten, e dígoo primeiro como votante do Bloque, e segundo, porque eso lles obligaría a un pacto con CIDEGA, o cal sería kafkiano. De tódolos xeitos, Raquel é excesivamente inflexible, algo que en política non é bon, evidentemente. A esquerda (ainda que ao BNG se lle dea por decir últimamente que non son representativos dela) debería unirse, porque se non, nas próximas eleccións pode haber outra sorpresa coas dereitas de beneficiarias.
    Por certo, que non sei se é certo o que escoitei por aí, pero disque temos un déficit de 1000 millóns de euros????? Espero que non sexa certo, porque non levantamos cabeza na vida…
    Por certo, campolameirán, un saúdo, que o muno é un pano… xDDD

    Comment | 8 Xuño 2007
  • Anonymous

    un deficit parece que o tes ti
    1000 milons de euros jajajajajajajjajajaajjajajajajajajaajjajajajajaja

    Comment | 8 Xuño 2007
  • foránea

    A ver listillo… eu non o afirmo, é o que se comenta, por eso pregunto, que non é o mesmo. E ainda que as cifras estan infladas, o que se di sobrados, dubido moito que estemos. Ou ti eres dos que se chupan o dedo?

    Comment | 9 Xuño 2007
  • chimpín

    A ver, a ver, haxa paz. Supoño que o anónimo anterior riu-se non do posible déficit, senón da cantidade. E supoño que foránea tivo unha confusión e o que queria poñer seria 1000 millóns de pesetas ou 6 millóns de euros. Confusións témolas todos.
    Respecto do burato, supoño que non se saberá até que o novo goberno, se é que chega a habelo, faga unha auditoria interna.

    Comment | 9 Xuño 2007

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes