Mai
24
2007

Municipais07: PNVBNE

O das eleccións este ano está dando moito xugo. Eu xa non sabía a quen votar, por iso montamos esto d@s RESENTID@S e o do Partido das Droghas Tradense. Mais tamén é certo que sempre me tirou máis o BNG ca os outros partidos. Nacionalistas e de esquerdas. Que pasa?, que con esto da chegada ao poder, as leas internas, etc. moita xente comezou a poñerse recelosa do esquerdismo do Bloque e das súas formas de facer certas cousas. Por iso debeu se que houbo quen montou un partido virtual chamado PVBE, ou Partido dos que Votan ao BNG por Eliminación ao que eu xa estaba afiliado nada máis nacer o partido, incluso antes de coñecelo. O tema é que segundo vin no chuza! o señor Quin, chefe sumo do partido e responsable da “anovación” (outros pensamos que retroceso) do partido ven dicindo agora que o nacionalismo galego, e do Bloque, “no se inscribe en lo que tradicionalmente se considera izquierda“. Eu quero votar á esquerda e polo visto o Bloque xa non é de esquerdas, polo tanto desde este instante abandono o PVBE e dáme por fundar o Partido dos que NON Votan ao Bloque nin por Eliminación (PNVBNE). E aí queda papeleta eleitoral por se alguén quere secundar a iniciativa. Non hai máis que imprimir, recortar e meter nun sobre.

Subscrición
Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: , ,

15 Comments

  • Anonymous

    toxic dixit: dubidaba entre os resentidos e os droghaditos pero con esta papelina -je je- creo que queda máis claro con quen está o meu descontento.
    Engadiría algún lema:
    porque non entendemos que o Bloque apoie a especulación en Lagartóns,
    porque non entendemos que o Bloque faga merendiñas para os vellos,
    porque non entendemos que o Bloque tamén enchufe á súa xente,
    porque non entendemos que o Bloque ignore as críticas,
    porque non entendemos que o Bloque insulte a quen o critica -para iso, mellor que ignore.
    PORQUE NON O ENTENDEMOS…

    Comment | 24 Maio 2007
  • Anonymous

    Tedes moita razón, ademais na Estrada hai opcións de “Esquerdas” abondo que van garantir nos vindeiros catro anos unha política social e democrática neste concello, empezando polo psoe (a número 5 é a máis de esquerdas de todos), seguido de villamayor (ese non é un especulador), continuando co cidadán (non é un presunto delincuente) e acabando coa ala máis radical de Miguel (ademais de esquerdas é dialogante e democráta). Si señor, o problema está en que o BNG defende publicamente un Polígono sectorial que pretende crear na Estrada máis de 1.000 postos de traballo, e ademias é público e de xestión pública o que impide a especulación, pero xa se sabe, caemos na trampa dos que defenden que esa zona sexa industrial pero de xestión privada, que lástima!!!!, seguídelle dando que polo camiño que imos, imos ben…

    Comment | 25 Maio 2007
  • Anonymous

    O segundo anónimo aseméllase moito aos do PP na maneira de defender o indefedible…ata onde chegamos

    VOTA AO PNVBNE !!!

    Comment | 25 Maio 2007
  • Anonymous

    Querido Chimpin:
    Que é para ti ser de esquerdas? Abonda con declaralo. É evidente a túa simpatía por opcións como Esquerda Unida/Izquierda Unida que se declara unha opción de esquerdas. É de esquerdas expresarse case sistematicamente en castelán no noso país. É de esquerdas obviar, cando non desprezar a nosa realidade cultural como fan, sistemáticamente, os representantes deste partidoo? (Por certo, o mesmo que moitos señoritos do PP e do PSOE? Por certo, o PSOE é de esquerdas? Respeto, como non, a túa opción e a túa opinión. O que non acabo de entender e a túa teima anti-bng, cando por certo compartes con moita xente que vai nesa lista o que milita no mesmo, bastantes cousas…
    Afectuosamente

    Comment | 25 Maio 2007
  • chimpín

    Certo, comparto moito con eles e pode que non só con algún, senón con moita xente da lista. Pode que incluso comparta coa maioria deles o modelo de concello que ueren levar a cabo. Mais iso non se pode facer a toda costa. Non se pode facer calando as voces discordantes, cousa que pasa. Non se pode facer deixando atrás certos ideais para conseguir máis votos, cousa que pasa. Non se pode facer sen escoitar o que quere o povo, cousa que tamén pasa. E non son anti-BNG. O que ocorre é que se o PP ten ises métodos, a min dáme igual, de feito non agardaria outra cousa deles. Se escollen aos seus líderes dunha lista única, nom me importa. Se non teñen ideas, tampouco. Mais do BNG si. Porque se eu votara igual seria ao BNG, e non ao PP. E igual precisan un toque de atención para que entendan que pode que os votos que gañen da dereita os van perder da esqquerda. Non todo é gañar. A fin, ainda que loable, a maioria das veces non xustifica os medios.

    Comment | 25 Maio 2007
  • Anonymous

    Acabáramos;El susodicho partido que aquí se menciona utiliza las mismas siglas que uno que ya estaba registrado:

    Partido de
    Nuestros
    Vecinos de los
    Bolos que
    No
    Entienden

    Comment | 30 Maio 2007
  • Anonymous

    menudo despropósito a lista esta. Moitos coma ti foron os que apoiaron o PSOE nestas eleccións, ben votando ben quedando na casa. Pero bueno… logo máis adiante xa nos laiaremos…

    Por certo se é lista dos que non votan ao blogue nin por eliminación, deberías de poñer os nomes desas persoas e non das persoas que SI votan ao bloque.

    Comment | 2 Xuño 2007
  • Jaimito

    O BNG ten unha práctica de esquerdas, pero é, antes que nada, nacionalista, porque senón chamaríase doutro xeito e non Bloque NACIONALISTA Galego.

    Se queres esquerda podes votar a Izquierda Unida, que é tan de esquerdas que non ten reparo en votar a favor de enviar tropas a Afganistán para que España gane favores diante dos USA,

    Comment | 2 Xuño 2007
  • chimpín

    Oe, a min non me digades nada, que foi Quintana quen o dixo. E repito, que se non hai partidos de esquerda non teño por que votar a ningún. E se o bloque é NACIONALISTA antes que de esquerdas, pois que se foda. Porque nin eu nin moita xente que coñezo imos votar nunca a un partido que non sexa de esquerdas. Eu penso que é compatible e non hai que antepoñer nada.
    E os de esquerda unida eses, son os mesmos que apoian o goberno do PSOE en Madrid? E non é o PSOE o que mandou tropas a Afganistán? E o PSOE non está gobernando en Madrid co apoio do Bloque? E o PSOE ese non está gobernando en Galiza co apoio do Bloque? E non van gobernar en nonseicantos concellos co apoio do Bloque? Pero claro hai xente no Bloque que só se adica a atacar aos outros partidos. Moi boa estratéxia: por que vou dicir que o meu líder meteu o zoco dicindo iso? Non, ataco a Esquerda Unida e xa está. Pois con isas estratéxias que non vos estrane que perderades votos e unha concelleira na Estrada.

    Comment | 3 Xuño 2007
  • Anonymous

    deberías cambiarlle o título do blog e poñerlle “Chimpín contra o mundo”.

    Por certo, o BNG presta en Madrid apoios puntuais ao PSOE en función das inversións do estado en Galicia; outro galo nos cantaría aos galegos se o BNG poidera condicionar o goberno de Madrid, pero, claro, con posturas tan (auto)-destrutivas como a túa seguiremos sendo un puto país de colonizados.

    Comment | 4 Xuño 2007
  • chimpín

    Si, estou contra o mundo e contra todo. É que son nihilista, como xa me dixo alguén. E todo o mundo está contra min e me ataca, e eu nunca cometo erros e, se o fixera, nunca o admitiria nin faria un exercício de autocrítica, como fan outros. Porque eu son perfecto.

    Comment | 4 Xuño 2007
  • Jaimito

    Chimpín representa a esta nova esquerda, disconforme con todo e con todos, nada lles vale, pero tampouco poñen da súa parte para mellorar nada.

    Comment | 4 Xuño 2007
  • chimpín

    Vexo que hai xente que está resentida polos resultados electorais e a toma comigo. Veña, como comprendo a vosa frustración vou facer de “sparring” e levarei os golpes dos trolls sen protestar. É máis, vou picar: a ver, pregunto, que teño que poñer da miña parte para mellorar as cousas?

    Comment | 4 Xuño 2007
  • Anonymous

    ti saberás, se es tan listo, tan perfecto e nunca se equivoca saberalo mellor ca ninguén

    Comment | 4 Xuño 2007
  • chimpín

    Diccionário da Xunta:

    Ironía:
    s.f. Maneira de expresar algo que consiste en dici-lo contrario do que se pensa, dando a entender isto último coa axuda da entoación. Utiliza a ironía para burlarse dos seus adversarios. CF. retranca.

    Tamén se utiliza cando se asumen como propias características que corresponden ao interlocutor, como no caso de catro comentários atrás. Pero cando non se quere ver… Pois non se ve.

    A min gústame debatir, mais nun debate onde a xente argumenta o que di, cousa que este(s) comentarista(s) non fai. E se non me dades ideas para mellorar o mundo, o debate é completamente estéril, unha perda de tempo. Así que hala, xa non contesto máis. Nin cando me digades que se estou picado, ou que se o deixo é porue vexo ue non teño razón. Lévoa.

    Comment | 5 Xuño 2007

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes