Mai
20
2007

Municipais07: ENQUISA

Aparece hoxe unha enquisa no Faro de Vigo onde se dá conta das intencións de voto dos estradenses de cara ás eleccións municipais do próximo domingo. Segundo esta enquisa existe a posibilidade de goberno en solitario do PP ou en coalición cos Cidadáns de Reboredo (aliado lóxico do PP), xa que lle dá 10 ou 11 concelleiros ao PP e 0-1 aos Cidadáns. Segundo a enquisa quedaria unha posibilidade de goberno de “esquedas” cunha hipotética coalición entre PSOE (6-7 concellais) e BNG (3-4), que se daría caso de quitar 7 o PSOE e 4 o BNG.
Eu non quero darme de vidente, nin fixen unha enquisa, mais non creo que as cousas vaian quedar así, nin tampouco como puxen na porra (8-8-3-2). No que si estou dacordo con Ipsos Consulting, empresa realizadora da enquisa, é nas tendencias no voto. A baixada do PP é evidente, e serían as segundas eleccións consecutivas que lle pasa, tras baixar máis dun 10% no 2003 respecto das anteriores. Mais para este ano agardo unha baixada maior, que se quedará nun 40-41% de apoios. Tamén a subida do PSOE é evidente, seguindo a progresión dos últimos anos. Agora, 6 paréceme pouco. E o BNG por aí andará, cos 3-4. O evidente é que non van sacar 5. E ben, chegamos ao punto de Reboredo e o CIDEGA. Non hai dados anteriores, non se sabe como pode cair a candidatura… E, sempre na miña opinión, é aquí onde vai estar a clave destas eleccións. Porque van pelexar por un concellal co bloque. E será a acta que dea o goberno a favor duns ou outros. E persoalmente creo que será cara á dereita, con 9 do PP e 2 do CIDEGA. Gustariame que non, mais trato de ser o máis obxectivo que se pode ser inventando unha enquisa. O que si teño claro é que o PP non vai ter 11. Se atino ou non saberémolo dentro dunha semana.

Subscrición
Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: ,

2 Comments

  • Anonymous

    E acertaches máis que o Faro… Monta unha empresa de inquéritos…

    Comment | 28 Maio 2007
  • chimpín

    Que va, se confundín ao PP co PSOE.
    Mais estou contento de ter fallado.

    Comment | 29 Maio 2007

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes