Abr
12
2007

CONDUCTA

Poño aquí un resumo dos diferentes códigos de conducta á hora de postear e comentar en blogs e a internet en xeral, feito por Microsiervos. Tamén se poden ler cousas máis amplas en Manifiesto Blog España e Netiqueta

Código de Conducta para Bloggers

  1. Asume a responsabilidade non so polas túas propias palabras, senon tamén sobre os comentarios que permites no teu blog.
  2. Etiqueta o teu nivel de tolerancia para comentarios abusivos.
  3. Considera eliminar os comentarios anónimos.
  4. Ignora aos trolls.
  5. Continúa a conversa fóra de Internet, fala directamente, ou atopa a un intermediario que poida facelo.
  6. Se coñeces a alguén que está a comportarse mal, faillo saber.
  7. Non digas nada online que non poderías dicir en persoa.

Tod@s @s blogueiros e os que fan comentários nos blogues deberan laer algo desto.

Subscrición
Written by chimpin in: Geral | Etiquetas:

2 Comments

  • pablokani

    Eu con esto do codigo de conducta non estou moi de acordo. Coido que non é outra cousa que un intento do gurú O’Reilly por facerse notar. Dentro duns límites, creo que cada blog/ger debe ter liberdade para xestionar os contidos e os comentarios do xeito que mellor lle pete.

    Comment | 16 Abril 2007
  • chimpín

    Non digo tampouco que estea dacordo con todos os puntos. Son só uns exemplos. Pero hai unha certa parte de responsabilidade do blogger tanto nos contidos como nos comentários. E penso que debe ter un critério e utilizalo como moderador que é.
    Aínda que o post ía máis dirixido a quen fan comentarios que aos própios bloggers. E é que vexo algún que me dá vergoña allea.

    Comment | 18 Abril 2007

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes