Dec
04
2006

CONCURSO B.S.O.

A obsesión do alcalde polos seus lombos de burro, bandas rugosas ou bandas sonoras (B.S.O.) chega case ao enfermizo. Agora di que se van poñer por narices, por moito que se lle diga por todos lados que é un exceso a cantidade. Se non queres caldo, sete tazas. E é que llo pediron por escrito. E se llo piden por escrito, hai que cumplir. Por iso propoño un concurso, e con premio exclusivo. Consiste en darlle ideas ao alcalde para mellorar A Estrada. E quedarán por escrito nos comments do blogo. Polo que terá que cumplir, supoño. A dinámica é sinxela:

  1. Propón unha actuación a través dun comment a este post.
  2. Como hai premio o comment non pode ser anónimo, senón a ver como sei eu quen o puxo. o ideal seria poñer un enderezo electrónico como sinatura. Tamén os podedes enviar a chimpinho(arroba)gmail(ponto)com.
  3. Entre as propostas enviadas o chimpín escollerá a que máis lle guste, de modo completamente subxectivo, e obsequiará-lle cunha estupenda camisola-chimpín
  4. O chimpín resérva-se a liberdade de dar máis premios se lle ven en gana, así como de variar as bases do concurso.
  5. Os participantes non teñen que estar dacordo coas bases, pero son as que hai.
Subscrición
Written by chimpin in: Geral | Etiquetas: ,

6 Comments

  • chimpín

    Por certo, vou poñer un mesiño de prazo, porque as cousas soen ir un pouco lentas

    Comment | 5 Decembro 2006
  • pavlicic

    Xa que lle “mola” o de facer rúas peatonais, e joder á xente para que non poida aparcar (fala un afectado da Calvo Sotelo), pois que poña máis rúas peatonais. Así, todolos estradenses estaremos en igualdade de condicións.

    Comment | 5 Decembro 2006
  • Anonymous

    Que siga poñendo cousas no chan: Que poña lombos de burro animados (p.ex. coas fotos dos seus concelleiros no asfalto) dende a rotonda das Colonias ata Chapa, uns 1600 deben darse posto…

    Eso sí no Foxo, á altura de Monpasa, Acibro, transportes, que faga unha rúa peatonal e empedrada

    Comment | 6 Decembro 2006
  • Anonymous

    Eu proponho ENTREGAR-LHE POR REGISTRO UMHA PÁ DAS BOAS, marca Bellota, como o seu cérebro, para que poda “remexer ben no do 36” [entrade na web do Faro de hoje] e ajude a recuperar o corpo do estradense que acaba de ser localizado em Iruña -Pamplona-. Se nom lho pide a família, exigimos-lho nós… E de passagem, que mude dumha vez os nomes franquistas do rueiro: martínez anido, calvo sotelo, pérez viondi, capitán bernal…
    susarins

    Comment | 19 Decembro 2006
  • chimpín

    Ben, parece que a petición de pavlicic xa a veu o alcalde, que ven de anunciar a semipeonalización da rúa Bedelle entre a praza do Concello e a da Farola (oficialmente Rúa Serafín pazo, Praza da Constitución e Praza de Galicia respectivamente)
    E veña, que a camisola agarda don@, animádevos a propoñer.

    Comment | 20 Decembro 2006
  • chimpín

    pasou un mes e ante a falla de participación véxome obrigado a declarar deserto o concurso. Sínto-o polos 3 participantes e agradézo-lles os comentários e propostas, pero xa haberá máis oportunidades.

    Comment | 15 Xaneiro 2007

RSS feed for comments on this post.

Sorry, the comment form is closed at this time.

Powered by WordPress | Aeros Theme | TheBuckmaker.com WordPress Themes