Primeiro: La primera edición de la Feira de Oportunidades supera los 60.000 euros de volumen de negocio.
Lendo a noticia no faro parece que sacaron os cartos cunha carreta. Polo visto foi un grande éxito, a pesar de que asistiron 29 dos 185 comercios asociados á ACOE (que podia actualizar a súa web, porque debe levar meses igual). A noticia tamén nos di que asistiron persoas que maioriatriamente procedían de
A Estrada, Lalín, Silleda, Vila de Cruces, Padrón, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña, Vigo y A Coruña.
Creo que tamén foi un de Forcarei, pero ¡ah! era minoría.
Descubro tamén que os do faro deben ser do bloque. ¡Como senón poden poñer nun titular que Don Ramón anda de viaxe pola Arxentina! Co que traballou ese home pola vila sen cobrar un peso. ¿Como poden insinuar, e nun titular ademáis, que o noso Alcalde anda por aí de paseo habendo traballo que facer? Home, nin que foran tan importantes as normas urbanísticas, ou o feito de entrar no consorcio de vicepresidencia para Asuntos Sociais.
Por último, o do Partido novo e o seu logotipo. Eu apostei que non ía sair adiante, e mira. Pero a ver. Para adecuarse aos novos tempos hai que facer cousas máis modernas. E se queres que o teu partido sexa unha novidade e o primeiro que imos coñecer del é o logo, deberas curralo un chisquiño máis. E xa cansei. Dos premios San Martiño xa falarei logo da entrega.
Subscrición